Axencias (Santiago).
Corenta persoas foron detidas e sete máis están imputadas en 22 provincias do Estado, acusadas dun delito de corrupción de menores e posesión de pornografía infantil. A operación foi levada a cabo pola Garda Civil de Navarra entre usuarios de internet e de telefonía móbil. Entre os detidos, atópanse seis galegos.
Catro fases nas detencións
As investigacións, enmarcadas dentro da 'Operación Membrillo', comezaron hai un ano, e nese tempo a Garda Civil analizou unhas 72.000 mensaxes de móbil, practicou 45 rexistros domiciliarios e incautouse de máis dun centro de móbiles e 3.000 arquivos pedófilos en formato de video e imaxe.
Nenos menores de dez anos
As pesquisas extendéronse a Colombia e Arxentina, para determinar a orixe dalgúns arquivos, e ós Estados Unidos, para obter datos de certos envíos.
Os investigadores estiman que os arquivos intervidos teñen "unha alta concentración de perversidade", tanto polo contido pornográfico das imaxes coma polas idades dos menores que nelas aparecen, case todos con menos de dez anos. Algún dos detidos pedía material de bebés.
Os arrestados en calidade de clientes buscaban imaxes "a ser posible reais e en vivo", pero tamén pretendía iniciar nas prácticas sexuais a nenos, segundo as informacións policiais.
22/11/2007