Ramudo.AGN (Lugo).
Herminia Montoya Barrul podería ser una anciá coma outra calquera, se non fose porque conta con máis de 300 descendentes directos. Ós seus noventa anos, esta lucense que vivía ata hai pouco no poboado xitano de Nazaret, en O Carqueixo, tén oito fillos. Algúns deles tiveron ata unha ducia de nenos, e o crecemento vexetativo mantívose nas xeracións posteriores.
Hoxe, Herminia supera dos trescentos descendentes, entre fillos, netos, bisnetos e tataranetos, segundo informou o presidente da Asociación para a Promoción e a Integración Xitana de Lugo, Manuel Vila.
Dende o colectivo escolleuse a esta nonaxenaria como exemplo do importante crecemento poboacional que se rexistra cada ano en Nazaret, unha situación que fai complicada a erradicación do chabolismo neste enclave lucense.
22/11/2007