Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Aos 86 anos

Morre Fernando Fernán-Gómez


Etiquetas: cine, audiovisual

Axencias/Xeración.

O actor, cineasta e escritor Fernando Fernán Gómez morreu na tarde de hoxe aos 86 anos. O artista levaba varios días ingresado no hospital madrileño de La Paz, onde finalmente faleceu dunha parada cardiorrespiratoria.

Fernán Gómez, nado en 1921, protagonizou case 200 filmes durante a súa dilatada carreira como actor. Como director, realizou máis de 20 películas, entre as que destacan La venganza de Don Mendo, El viaje a ninguna parte ou Lázaro de Tormes.

A súa carreira na literatura, da que saíron obras como El viaje a ninguna parte ou Las bicicletas son para el verano, valeulle o sillón B da Real Academia de la Lengua (RAE). Recibiu, entre outros galardóns, o premio Príncipe de Asturias das Artes, a medalla de ouro da Academia de Cine e sete premios Goya, o maior número destes galardóns conseguido por unha figura do cine español.

Este ''tímido con mal carácter", como el mesmo se definiu nunha ocasión, era unha das figuras máis queridas da cultura española, e máis lembrada polas súas memorables actuacións coa prensa. A directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, afirmou hoxe que, coa morte de Fernán Gómez desaparece "o gran home do teatro e do cine españoles da segunda metade do século XX".

21/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso