Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Por mor das expropiacións

Os veciños cortan o tráfico en Combarro, en protesta pola reforma da estrada Pontevedra-Sanxenxo


Etiquetas: tráfico, Sanxenxo, Pontevedra

A. Espiño. AGN (Pontevedra).

Un cento de veciños afectados polas expropiacións que realizará Política Territorial para mellorar a seguridade vial da PO-308, a estrada Pontevedra-Sanxenxo, interromperon de forma intermitente, desde as oito ás dez da mañá, o tráfico neste vial ao seu paso por Combarro (Poio).

Tras unha parcarta na que se podía ler "Inseguridade Vial, Non?", os manifestantes cortaron o tráfico en ambos os dous sentidos de circulación, e entre berros denunciaron a "inxustiza, o caciquismo e a incompetencia" da Xunta de Galicia.

As queixas céntranse en que este proxecto deixa intactos algúns dos "puntos negros" do trazado, lugares onde frecuentemente teñen lugar graves accidentes, pero que están situados preto de zonas residenciais "onde vive xente que teñ moitos millóns, e aos que pagan non se  lles expropia", acusan os veciños.

Queren unha reforma, pero non esta
Aseguran que o a reforma da PO-308 é moi necesaria, pero consideran que "este non é o proxecto que Poio necesita, non é non é xusto que só fagan beirarrúas dun lado da estrada, expropiándolles a uns veciños 10 metros e a outros absolutamente nada", e insisten en recordar que a lei debería de ser igual para todos.

Durante as dúas horas que o tráfico estivo interrompido, a Garda Civil limitouse a informar aos condutores procedentes tanto de Pontevedra como de Sanxenxo de que tiñan que circular pola Vía Rápida do Salnés, para evitar o colapso á súa chegada a Combarro. 

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra aseguraba onte que a protesta veciñan non fora autorizada e  que os seus organizadores recibirán sancións.

21/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso