Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Por mor do descenso do consumo interno

O crecemento económico do Estado baixa dous puntos ata o 3,8 por cento


Etiquetas: PIB, emprego

Xeracion.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou onte que o Produto Interior Bruto (PIB) español medrou un 3,8% durante o terceiro trimestre de 2007, dúas décimas menos que no segundo. Esta lixeira freada débese, din os analistas, ao descenso do consumo interno en cinco décimas, ata o 4,4% de crecemento. A demanda externa mellorou (pasou do -0,9 a -0,6, a menor desta lexislatura), pero non o suficiente para compensar.

Segundo o INE, a economía española seguiu medrando por enriba da media da UE e da zona euro, pero mantén unha tendencia oposta, xa que baixa o seu ritmo por segundo trimestre consecutivo (despois de tocar teito a comezos de ano cun 4,1%) mentres o resto dos países europeos aumentan lixeiramente o seu crecemento.

A baixada da demanda interna explícase, sobre todo, polo descenso do consumo doméstico (que perde catro décimas no seu crecemento, ata o 2,9% por mor do aumento de prezos) e na venda de coches (que medrou un 3%, media décima menos).

Mantense o descenso do investimento en construción en vivenda
Mantense o descenso do investimento en construción, oito décimas menor que o trimestre anterior, pasando do 4,6% do trimestre anterior a un 3,8%. E o mesmo camiño seguiu a compra de vivenda, que perde ritmo e baixa tamén oito puntos de crecemento, quedando nun 2,9%. Tamén o investimento financeiro perdeu unha décima do seu crecemento e fica no 5,6%.

Houbo dous indicadores que non se moveron, a creación de emprego, que segue a medrar un 3% (o que significa que se asinaron 560.000 novos contratos a tempo completo nos últimos doce meses) e a produtivividade, que se mantén no 0,8% de crecemento, e nun nivel que segue a ser moi baixo para os países do entorno.

O Ministerio de Economía que estes dous datos aseguran unha "aterraxe suave" da economía española, que leva xa anos medrando a bo ritmo.

21/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

(Fonte; INE)
(Fonte: INE)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso