Xeracion.
A Asociación Cultural Fuco Buxan e a organización ACSUR de cooperacion internacional estrearán o vídeo Ferrol, polo mar e a vida, que denuncia a situación de Reganosa, o vindeiro 18 de decembro no Centro Cultural Ricardo Carballo Calero do Inferniño ferrolán. Esta peza audiovisual de dez minutos foi premiada cun accésit pola organización Ecoloxistas en Acción no certame Videodiversidad 2007.
Ingelmo Ros, monitor de ACSUR que impartiu en Ferrol o curso de vídeo o pasado mes de xullo, no que os alumnos elixiron como tema o despropósito da localización da perigosa Planta de Gas de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, realizando todos os traballos de elaboración do vídeo: o guión, selección de actores, filmación e composición. Ao mesmo tempo que se realizaba este curso en Ferrol, ACSUR impartiu tamén outro curso en Bolivia onde realizaron outro vídeo curto dun problema social a difundir.
Será distrubuído en DVD
Despois de que o próximo día 18 de decembro sexa estreado o vídeo Ferrol, polo mar e a vida, éste será distribuído gratuitamente en formato de DVD en países de Europa e Hispanoamérica, xunto con outros vídeos curtos con distintos problemáticas sociais a fin de contribuír ao seu coñecemento.
21/11/2007