Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

As FARC enviarán probas de vida antes de finais de ano

Chávez asegura que Betancourt está viva, pero sen documentos de garantía


Etiquetas: Colombia, Sarkozy, FARC, Hugo Chávez

Xeración /Axencias.

Unha carta de compromiso do comandante Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), Manuel Marulanda, foi a única proba que o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, ofreceu hoxe ao seu homólogo francés, Nicolás Sarkozy, sobre a política franco-colombiana Ingrid Betancourt, secuestrada pola guerrilla desde febreiro de 2002. Chávez non chegou a Francia coas mans completamente baleiras, pero tampouco puido cumprir o seu anuncio de entregar algún documento que demostrase que a ex-candidata á presidencia de Colombia segue viva tras cinco anos de cativerio na selva.

Un dos dirixentes das FARC, Raúl Reyes, xa anunciara onte no diario francés L'humanité que a guerrilla estuda a forma de facer chegar estas probas aos familiares, tanto de Betancourt como dos outros 44 reféns que estarían no grupo intercambiable por medio millar de rebeldes presos nos cárceres de Colombia. A publicación dunha fotografía ou vídeo dos retidos podería servir para localizar á guerrilla e dar pé a unha operación militar que, para Raúl Reyes, faría perigar a integridade física dos prisioneiros.

Durante a reunión mantida hoxe por ámbolos dous presidentes, Chávez asegurou estar seguro de que Betancourt segue con vida e que as FARC ofrecerán probas neste sentido antes de finais de ano, data na que tamén se esgotaría o prazo que lle foi outorgado polo presidente colombiano para exercer de mediador. "Non é bo impacientarse", declarou Chávez ao respecto. Pola súa parte, o goberno de Bogotá requírelle a Chávez feitos concretos para continuar á fronte das negociacións para a liberación dos reféns.

Tanto os familiares de Betancourt, que tamén estiveron presentes no encontro, como o presidente francés amósanse optimistas sobre as xestións realizadas e sosteñen as súas esperanzas na palabra dada pola guerrilla a Chávez e transmitida por este ao goberno galo.

20/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Chávez chegou hoxe a Francia sen as probas de vida anunciadas sobre os reféns das FARC (Foto: web do goberno de Venezuela)
Chávez chegou hoxe a Francia sen as probas de vida anunciadas (Foto: web do goberno de Venezuela)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso