Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Polas reunións con Batasuna

Ibarretxe pide que Zapatero e Aznar declaren como testemuñas no xuízo aberto contra el


Etiquetas: País Vasco, Batasuna, Xustiza

Axencias (Santiago).

O lehendakari, Juan José Ibarretxe, pedirá que declaren como testemuñas no xuízo oral aberto polas súas reunións con dirixentes de Batasuna o ex presidente do Goberno, José María Aznar, o que fora secretario da Presidencia, Javier Zarzalejos, o ex ministro do Interior, Jaime Mayor Oreja, o actual xefe do executivo, José Luis Rodríguez Zapatero, o ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba e o socialista vasco Jesús Eguiguren.

Segundo explicou a portavoz do Goberno de Euskadi, Miern Azkarate, os avogados da defensa de Ibarretxe basearán a súa estratexia en demostrar que o lehendakari se reuniu coa formación ilegalizada, igual que os anteriores e o actual presidente do Goberno do estado mantiveran encontros con membros da banda terrorista ETA sen que fosen encausados.

Ademais das mencionadas testemuñas, a defensa de Ibarretxe citará tamén para a proba pericial e testifical ó presidentes dos partidos que conforman o Executivo tripartito: Josu Jon Imaz, do PNV, Begoña Errazti, de EA, e Javier Madrazo, de IU-EUB.

E pretenden que suban tamén ó estrado o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel e outros consultores internacionais expertos na resolución de conflitos. Unha vez presentadas as solicitudes, o tribunal será quen decida se as acepta ou as rexeita.

Finalmente, os avogados do lehendakari lembran que a sala do Tribunal Supremo que ilegalizou a Batasuna "non deu orde expresa, directa e concreta" para que se suspendese a reunión que daquela estaba prevista con dita formación, e que esta tiña carácter público e notorio.

Xuízo oral
O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV) abriu o pasado 30 de outubro o xuízo oral contra o lehendakari, Juan José Ibarretxe, e contra os dirixentes socialistas Patxi López e Rodolfo Ares.

Os tres están acusados de cooperación necesaria nun delito de desobediencia cometido presuntamente por cinco líderes da ilegalizada Batasuna, que tamén serán xulgados.

20/11/2007

4'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O lehendakari será xulgado polas súas reunións con Batasuna. (Foto: ibarretxe.com)
O lehendakari será xulgado polas súas reunións con Batasuna. (Foto: ibarretxe.com)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso