Datos de interés

  • Venres 25.07.2008

No último informe

ONUSIDA reduce en case sete millóns a estimación de infectados polo VIH


Etiquetas: ONU, Sida, saúde

Xeración (Santiago).

A cifra estimada de persoas infectadas co virus da sida reduciuse en case sete millóns de persoas no último ano. Non se trata dunha remisión da epidemia, senón dun mal cálculo. Así o indican os datos do último informe de ONUSIDA, no que se indica que a revisión do número de afectados polo VIH na India explica gran parte da rebaixa.

Despois de considerar nun principio que o número de afectados no país asiático era duns 5.7 millóns, a ONU reduciu o dato máis da metade, ata os 2.5 millóns.

Nesta liña, a axencia das Nacións Unidas admitiu que as estimacións publicadas en 2006 foran calculadas por enriba da cifra real de infectados. O emprego de mellores métodos para a compilación de información demostrou desta volta que a enfermidade non está tan extendida como se temía. Aínda así, uns 33.2 millóns de persoas contraeron no mundo o virus da inmunodeficiencia humana. Delas, case un 8% son nenos.

Menos contaxios, moitas mortes
"Indiscutiblemente, estamos empezando a ver os beneficios da inversión: as novas infeccións e a mortandade estánse reducindo, e a prevalencia do VIH estabilízase", indicou o director executivo de ONUSIDA nun comunicado. Pese a este optimismo, cada día contráense ata 6.800 novas infeccións, e morren máis de 5.700 persoas a causa desta enfermidade, segundo os datos aportados pola propia axencia.

Dous terzos de novos casos concéntranse na África subsahariana, onde pola contra o número de novos infectados vai en retroceso. Uns 22.5 millóns de persoas viven neste continente co virus da sida, é dicir, o 68% da poboación mundial afectada.

20/11/2007

4'8 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Imaxe dunha campaña de concienciación emprendida por ONUSIDA. (Fonte: onusida.org)
Imaxe dunha campaña de concienciación emprendida por ONUSIDA. (Fonte: onusida.org)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso