Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Comezan a cobrarse hoxe

Unhas 6.800 familias galegas pediron a axuda dos 2.500 euros por fillo


Etiquetas: familia

AGN.

Hoxe comezan a cobrarse en toda España os 2.500 euros por fillo prometidos polo goberno de Zapatero, e 6.859 familias galegas cursaron xa solicitude para esta axuda. En todo o estado son 142.331 os que notificaron nacementos ou adopcións para optar a ela.

Galicia é a quinta comunidade con máis nacementos ou adopcións, por detrás de Andalucía (xunto con Ceuta e Melilla), con 28.563; Cataluña, con 25.124; Madrid, 19.687; e Valencia, con 15.749. Así, ocupa a mesma situación que lle corresponde por poboación, na que tamén está por detrás das autonomías citadas.

55.000 abonos nun mes, 120.000 ata final de ano.
Segundo informa o Ministerio de Economía de aquí a finais de mes abonaranse as 55.000 primeiras solicitudes. A previsión é que a final de ano 120.000 familias xa recibirían este pago, do total de 142.331 que comunicaron o nacemento ou adopción dun fillo ata onte mesmo, 19 de novembro.

A partir de 2008, a Axencia Tributaria pagará a axuda nuns 30 días desde o momento da solicitude. Trátase dun único pago de 2.500 euros por cada fillo ou adopción no territorio español producido a partir do día 1 de xullo de 2007, como dedución do IRPF ou como prestación económica non contributiva.

A beneficiaria con carácter xeral desta axuda será a nai, aínda que tamén poderá selo o pai cando haxa unha cesión do dereito ao cobro, ou en caso de falecemento da nai. En todo caso, é necesario que o beneficiario, tanto español como estranxeiro, resida de forma legal, efectiva e continuada en territorio español os dous anos inmediatamente anteriores ao nacemento ou adopción.

As novas solicitudes para o "cheque" poderán presentarse con firma electrónica na web da Axencia Tributaria, nas oficinas deste organismo, ou a través do teléfono 901 200 345.

20/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso