Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Por grupos de internautas

A Sgae, denunciada ante Anticorrupción


Etiquetas: SGAE, canon

Xeración (Santiago).

Por supostas ilicitudes na xestión económica dos recursos. Este é o motivo polo que varios grupos de internautas e pequenas empresas interpuxeron unha demanda contra a Sgae ante a Fiscalía Anticorrupción.

A Asociación de Internautas (AI), Asociación de Usuarios de Internet (AUI), Asociación Española de Pequenas e Medianas Empresas de Informática e Novas Tecnoloxías (APEMIT) e a Asociación Española de Hostaleiros Vítimas do Canon (VACHE) basean a súa acusación en informacións publicadas na prensa, nas que se intúe "unha actividade económica con aparentes tintes delitivos".

Segundo sinalan nun comunicado, a raíz das devanditas informacións os denunciantes entenden que o reparto das recadacións da sociedade de autores se realiza de maneira ilegal entre as súas filiais, e non entre os socios, tal e como obriga o artigo 154 da Lei de Propiedade Intelectual. Acusan ós directivos de lucrarse grazas a sociedades paralelas.

A demanda engade que o sistema de recadación da sociedade de autores é "inxusto". Ó seu xuízo, grava actuacións en televisión ou vodas, por exemplo, e extralimítase na vixencia dos dereitos.

O Ministerio de Cultura, tamén responsable
Nesta liña, a AI explica que os directivos da Sgae "poderían estar envoltos nunha trama societaria empregada para a xestión fraudulenta dos seus fondos". Segundo as noticias publicadas, as cantidades recadadas en concepto de dereitos de autor "foron invertidas en actividades de lucro propio para os directivos", ben sexa por participación directa, indirecta ou por presunta omisión dunha actividade ilícita.

Os denunciantes explican que a súa vontade é a de "aclarar o entramado societario da Sgae". E pretenden, así mesmo, poñer de manifesto a responsabilidade do Ministerio de Cultura, por ser o principal organismo fiscalizador desta sociedade.

Os demandantes consideran que o departamento que agora dirixe César Antonio Molina fixo oídos xordos das reiteradas denuncias que lle chegaron, tanto dende os colectivos afectados coma dende os propios medios de comunicación.

20/11/2007

4'8 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A VACHE dedica na súa web unha carta aberta á Sgae para mostrarlle o seu descontento. (Imaxe: asociacionvache.blogspot.com)
A VACHE dedica na súa web unha carta aberta á Sgae. (Imaxe: asociacionvache.blogspot.com)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso