Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Corrupción en Madrid

Outras 14 persoas investigadas pola súa presunta implicación na 'Operación Guateque'


Etiquetas: Madrid, Xustiza, corrupción

Axencias (Santiago).

A 'Operación Guateque' continúa aberta e o número de implicados vai en aumento. Despois da detención de 17 funcionarios do Concello de Madrid por presuntos delitos de cohecho e tráfico de influencias, outras 14 persoas están a ser investigadas pola súa suposta relación coa rede. O xuíz decretou prisión para seis dos arrestados (cinco deles funcionarios), e deixou en liberdade a outros nove, algúns con cargos.

Á falta da declaración de tres persoas, o xuíz enviou ó cárcere ó suposto líder da trama, Victoriano Ceballos, xefe de división de impacto e análise ambiental; a Joaquín Fernández de Castro, xefe do departamento de avaliación ambiental na mesma concellería; e a Carmen Eulalia Ibáñez, asesora técnica do departamento de avaliación ambiental. Tamén fican en prisión dous técnicos alleos ó Concello, e un sexto implicado do que non foi facilitada a identidade.

O pasado sábado foron postos en liberdade outros sete detidos sen prestar declaración ante o xuíz, aínda que pesan cargos sobre eles. Fontes policiais preven que a cifra de arrestos siga aumentando a medida que se vaian investigando os 185 expedientes sobre concesión de licencias baixo sospeita.

PP vs. PSOE
A trama de corrupción traduciuse nunha nova batalla na política municipal. Se no momento de destaparse o caso era o PSOE quen lle esixía responsabilidades ó rexedor madrileño, Alberto Ruiz-Gallardón, desta volta foi o PP quen replicou. O propio alcalde criticou que Victoriano Ceballos, xefe da operación, llegou ó Concello por "libre designación" dos socialistas, e que chegou a funcionario "por ser cuñado dun concelleiro".

E dende a trincheira do PSOE respondéronlle a Gallardón, recriminándolle que seguise mantendo a Ceballos no seu posto pese a que fora investigado polos mesmos delitos no 1996, investigación da que saíu airoso por falta de probas. Ademais, aseguran que o alcalde madrileño "si que sabía" da existencia de "falta de recursos de todo tipo para o control e inspección da disciplina urbanística". Insisten en que no 2004 avisaron da existencia de 2.800 licencias irregulares, con denuncias cidadás que foron levadas a pleno.

Catro postos nun ano
O PP escúdase en Ceballos para o contraataque, e lembran que o líder da trama de corrupción chegou ó Concello da man do seu cuñado, daquela edil de Persoal, e que foi ascendido catro niveis no mesmo ano, ata ser nomeado xefe de división. Gallardón indicou que "o razoable" non é pedir explicacións, senón a apertura dunha Comisión de Investigación. Unha iniciativa que xa foi aceptada e que, segundo confirmou, se porá en marcha proximamente.

20/11/2007

4'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Gallardón reitera que o xefe da trama entrou no Concello de man socialista
Gallardón reitera que o xefe da trama entrou no Concello de man socialista

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso