Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

O que queda na memoria

Duascentas sinaturas para que Franco deixe de ser fillo predilecto da Coruña


Etiquetas: historia, memoria, Franco, Lugo, A Coruña

Xeración.

A Comisión pola Memoria Histórica (CRMH) da Coruña leva recollidas desde as cinco da tarde 200 sinaturas de coruñeses para que o ditador Francisco Francio deixe de ser fillo adoptivo da cidade herculina. Esta acción comeza o mesmo día no que se cumpre o 32 cabodano da morte do ditador e continuará previsiblemente na fin de semana na praza do Obelisco desta localidade.

A organización reivindica que esta distinción "foi imposta polas autoridades franquistas en 1936 e a cidade non quere a un ditador como fillo adoptivo". Engaden que unha persoa á que se lle concede este título "debe destacar polas súas cualidades persoais e contar con prestixio xeral polos seus méritos en beneficio da Coruña, requisitos que está claro que Franco non reúne".

A CRMH considera unha vergoña que o anterior Goberno local rexeitase retirarlle este título ao ditador e agardan que o faga actual. Precisamente hoxe o alcalde da cidade, Javier Losada, declarou que esta distinción será retirada cando entre en vigor a Lei da Memoria Histórica, en xaneiro do ano que vén.

"O concello non ten que agardar, hai alcaldes que xa quitaron estes títulos hai vinte anos", declarou Manolo Monge, membro da CMRH. Para Manolo Monge é necesaria tan só "vontade política" para tomar a decisión e non limitarse ao acatamento da nova lei, que si prevé a retirada de todos os símbolos relacionados coa ditadura das cidades españolas. Neste tema Coruña, con máis de 30 rúas dedicadas a personaxes militares e civís do franquismo, éstá considerada pola Comisión a "capital da simboloxía franquista".

En Lugo, é alcalde honorario
Ademais, o grupo municipal do BNG denunciou onte, na véspera do 20-N, que o ditador segue a ser alcalde honorario da cidade de Lugo. Os nacionalistas criticaron que o Goberno local, presidido por José López Orozco, aínda non executase a moción aprobada polo pleno no mes de abril do 2006, a iniciativa do Bloque, para retirarlle a máis alta distinción do Concello, que lle foi concedida en 1942.

O BNG considera que manter a Franco como alcalde honorario de Lugo “é unha cuestión anacrónica e inaceptable en democracia”, ademais de ir en contra “da Lei de Memoria Histórica aprobada no Congreso de los Diputados”. Os nacionalistas consideran que “esas mencións, que veñen da época da ditatura, son acontecementos doutro tempo que teñen que estar nos arquivos, pero non presidindo unha corporación democrática”.

O Bloque matiza que "a moción presentada, hai xa máis dun ano, non buscaba facer un revisionismo da historia, senón normalizar a vida democrática dunha institución como o Concello de Lugo". Ademais, lembra que a Universidade de Santiago de Compostela xa lle retirou a Franco o título de doutor Honoris Causa e outros municipios de Galicia, como o de Sada, tamén lle quitaron a distinción de alcalde honorario.

20/11/2007

4'7 (7 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Protestas contra a estatua de Franco en Ferrol, polo 25 aniversario da morte do ditador
Protestas contra a estatua de Franco en Ferrol, polo 25 aniversario da morte do ditador
Recollida de sinaturas hoxe na praza do Obelisco na Coruña (Foto: M.Pérez. AGN)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso