Datos de interés

  • Luns 08.09.2008

Multipremiada no pasado Saló do Cómic

Max gaña o I Premio Nacional de Cómic, David Rubín queda finalista


Etiquetas: banda deseñada, cómic

Xeración/Axencias.

O autor barcelonés Francesc Capdevila, 'Max', gañou o primeiro Premio Nacional de Cómic, pola súa obra Hechos, dichos, ocurrencias y andanzas de Bardín el Superralista. Como finalista do premio quedou o autor ourensán David Rubín, con La tetería del oso malayo.

O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, ten unha dotación económica de 15.000 euros e pretende "distinguir a mellor obra de banda deseñada dun autor español", publicada en calquera das linguas oficiais do estado durante o último ano.

Max, nacido en Barcelona en 1956, non para de colleitar premios con Bardín. Na pasada edición do Saló do Cómic de Barcelona, a súa obra conseguiu os premios á mellor obra de 2006, ao mellor debuxo e ao mellor guión. No Sálo, Rubín fíxose co premio Josep Toutain ao mellor autor revelación de 2006.

'Obra cegadora'

O xurado destacou do traballo galardoado o ser "unha obra graficamente cegadora, cun guión orixinal e repleta de referencias literarias, filosóficas e profesionais". Considerou ademais que Max chega con esta obra "ao cumio da súa dilatada traxectoria profesional, cun cómic que marca un antes e un despois na historieta española".

O xurado, presidido polo director xeral do Libro, Rogelio Blanco, estivo composto por Pedro López, Laura Pérez, Eloy Rubio, Antonio Guiral, Carmen Olivié, Ana Miralles, Federico Moreno, Carles Santamaría e Társila Peñarrubia.

19/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Capa de 'Hechos, dichos, ocurrencias y andanzas de Bardín el Superralista'
Capa de 'Hechos, dichos, ocurrencias y andanzas de Bardín el Superralista'

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso