Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

13 marcas retiradas dende xullo

A Xunta ordena a retirada dun lote de dentífrico Colgate pola presenza de bacterias


Etiquetas: consumo, saúde

Mónica Sequeiro. AGN.

A Xunta procedeu á retirada, en base á alerta transmitida desde do Instituto Galego de Consumo (IGC), dun lote de tubos de dentífrico de 'Colgate Herbal White', tras detectarse a presenza de bacterias indicadoras de contaminación fecal.

Segundo informou o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, os tubos contaminados foron localizados nun establecemento da provincia de Pontevedra e xa se cursou o correspondente aviso tanto á Consellería de Sanidade, como ao Instituto de Nacional de Consumo.

A partir de agora "imos proceder á retirada todos eses tubos", asegurou Branco, nos que se detectou a presenza de microorganismos aerobios mesófilos e bacterias indicadoras de contaminación fecal.

A detección desta partida de dentífrico produciuse no marco do habitual labor inspector do IGC, dependente da Consellaría de Innovación. O Instituto tomou mostras do lote 3198GB10333 da citada pasta de dentes, ao parecer procedente de Irlanda, nun establecemento da provincia de Pontevedra. O IGC procedeu a analizar o lote ao atopar a súa etiquetaxe só en inglés, cando por lei ten que estar polo menos nalgún dos idiomas oficiais do Estado.

Analizadas por irregularidades na etiquetaxe
En total, detectáronse 9 unidades das que tres mostras foron remitidas para a súa análise ao Centro de Investigación e Control da Calidade dependente do Ministerio de Sanidade e Consumo, e as 6 restantes foron inmobilizadas nese mesmo momento.

A analítica estableceu niveis de de microorganismos aerobios mesófilos e enterobacteriáceas totais superiores aos permitidos na lexislación, o que foi comunicado polo IGC á Consellería de Sanidade, ao tratarse dun problema de saúde pública.

Sanidade informou á Axencia do Medicamento e instou ao IGC a retirar do mercado o lote contaminado "por ser a súa comercialización ilegal".

O Instituto Galego de Consumo notificou o pasado 12 de novembro os feitos ao Sistema de Intercambio Rápido de Información que xestiona o Instituto Nacional de Consumo (INC) para a inclusión do produto nesta rede de alerta.

Xa son 13 marcas con irregularidades
Desde xullo, xa son 13 as marcas de dentífricos comercializadas en España nas que se detectaron sustancias tóxicas. Xunto ao lote de Colgate, transcenderon 12 marcas nas que se detectaron distintos niveis de dietilenglicol (DEG).

Trátase de Active, Amalfi-dent, Colddate, Cool Mate, Maxam, Morning Baby, Mr. Cool, Qyz, Tri Leaf, Zhicheng-Aloe Super whitening toothpaste e outras dúas marcas sen identificar, unha delas etiquetada en chinés e outra distribuída en trens de Renfe e subministrada pola empresa británica Watermark Limited a Wagons-Lits.

19/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso