Xeracion.
Credit Agricole merca o 14.99% de Bankinter, as accións que posuía o conselleiro do banco Ramchand Bhavnani, por 809 millóns de euros segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores. Con esta operación, o banco francés controla xa o 19,53% de Bankinter, xa que nos ultimos meses mercara tamén un 4,54% de accións en bolsa.
Crédit Agricole pagará 13,6 euros por cada título do banco, o que supón valorar o total desta entidade financieira en 5.400 millóns de euros. O conselleiro delegado dos galos, Georges Pauget, sinalou que este reforzo enmárcase na expansión despregada nos últimos anos pola entidade francesa no mercado financieiro español.
A chave para entrar na banca minorista
Agricole está presente en España dente 1875 e busca con Bankinter a chave para entrar na banca minorista española, un negocio nin país "considerado como un dos máis atractivos para investir", en palabras de Pauget.
O indio Ramchand Bhavnani dimitiu do seu posto no consello de administración de Bankinter tras reducir a cero a súa participación.
Bankinter pechou o pasado ano cun beneficio neto de 820 millóns de euros. A 30 de setembro tiña unha carteira de clientes de 36.000 miillóns de euros e uns depósitos de clientes de 22.000 millóns.
19/11/2007