AGN.
As XIII Xornadas Cidadanía e Teatro, convocadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e patrocinadas polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e pola Consellería de Cultura e Deporte, reunirán hoxe e mañá a destacados profesionais das artes escénicas no Auditorio de Galicia, na Sala Mozart. As xornadas teñen como obxectivo avaliar a situación dos actores e actrices galegos na actualidade.
O evento desenvolverase coa creación de mesas de debate que segundo o voceiro de Teatro da AAAG, Artur Trillo, pretenden "abrir camiños para atopar solucións". Os diferentes temas que se expoñerán nestas mesas son: a repercusión mediática que ten o audiovisual no publico teatral, a seducción económica do audiovisual, a dispersión profesional do actor galego e o sistema de exhibición teatral en Galicia.
19/11/2007