Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Xustiza

O rexistro de parellas de feito entrará en vigor en Galicia antes do ano que ven


Etiquetas: Méndez Romeu, xustiza

AGN.

O conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, asegurou esta semana no Parlamento de Galicia que o rexistro legal de parellas de feito entrará en vigor antes de que finalice o presente 2007. Así mesmo, adiantou que en xaneiro de 2008 modificarase o regulamento da Asistencia Xurídica Gratuita, o que suporá que os avogados en quenda de oficio teñan un mellor salario.

Méndez Romeu realizou estas declaracións en resposta a unha pregunta formulada pola parlamentaria socialista Beatriz Sestayo, que interrogou ao conselleiro sobre a previsión de planificación integral da Administración xeral de Xustiza en Galicia.

Máis medios
Por outra banda, o conselleiro anunciou que se van a mellorar as unidades xudiciais en dez cidades e vilas galegas. Así mesmo, subliñou que unha das grandes apostas do departamento que dirixe será a aplicación das novas tecnoloxías para agilizar os procedementos xudiciais. Neste sentido, destacou a informatización de 45 registros civís e precisou que 171 salas contarán cun sistema de videoconferencia.

18/11/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso