Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Protesta cidadá

Máis de 300 persoas piden que o pazo de Meirás lle sexa ''devolto ao pobo''


Etiquetas: Meirás, patrimonio, Sada, Franco, historia

E.P.L..

Máis de 300 persoas manifestáronse esta mañá ante o Pazo de Meirás, no Concello de Sada, para esixirlle á familia de Francisco Franco que o devolga ao pobo galego. A marcha foi convocada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña., "A familia Franco xa disfrutou, inxustamente, durante 70 anos desta propiedade e agora deben devolver ao pobo o que roubaron", afirman.

A prostesta contou co apoio do BNG e Esquerda Unida e, durante o seu transcurso, os asistentes negaron que o edificio lle fose entregado aos Franco de forma voluntaria en 1937, tal e como afirma a familia.

"É agora cando coñecemos, pola aparición de informes oficiais daquela época, que a chamada subscrición popular para a adquisición e posterior doazón ao ditador Franco do pazo de Meirás, foi un rotundo fracaso", asegurou aos xornalistas un dos voceiros da comisión organizadora

Os presentes na protesta apoian as iniciativas do Concello de Sada e da Consellería de Cultura para que o pazo sexa declarado como Ben de Interese Cultural (BIC).

Ben de Interese Cultural
A Consellería de Cultura tramita desde hai máis dun ano a apertura do expediente para declarar o pazo Ben de Interese Cultural (BIC), que se está atrasando pola oposición da súa propietaria, Carmen Polo, a permitir que os técnicos da Xunta entren para visitar a propiedade e determinar o seu estado.

Este trámite é imprescindible para a declaración BIC, que obrigaría a abrir ao público o pazo e os seus xardíns un mínimo de catro días ao mes.

18/11/2007

4'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Pazo de Meirás, en Sada
Pazo de Meirás, en Sada

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso