Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

'Saen dos petos de todos'

Espinosa descarta máis axudas aos armadores polo prezo dos combustibles


Etiquetas: Elena Espinosa, agro, pesca, mar

AGN/Xeración (Vigo).

A ministra de Agricultura, Pesta e Alimentación, a galega Elena Espinosa declarou que non é probable que se poidan dar máis axudas aos armadores para paliar as perdas que lles está a causar a suba dos combustibles.

Nunha rolda de prensa en Vigo, con motivo da presentación do Libro Branco da Pesca, a titular estatal de Agricultura incidiu en que este tipo de axudas públicas as outorgan os gobernos sobre uns orzamentos que saen dos impostos de todos os cidadáns e lembrou que o aumento do prezo dos combustibles tamén lles afecta a outros sectores económicos e aos cidadáns de a pé.

Con todo, deixou unha porta aberta para a negociación co sector, que xa anunciou mobilizacións. Espinosa asegurou que se reunirá cos armadores e que "sempre tiveron abertas as portas do Ministerio".

Cota láctea
A ministra de Agricultura referiuse tamén ao Plan Lácteo ao ratificar a súa intención de agardar a que exista un documento definitivo da UE no que se fixe a cota correspondente a España para iniciar o Plan de Reestruturación Láctea. Con todo, declarou que, mentres, si se poderá iniciar o Plan de Abandono.

Espinosa sinalou que o seu departamento proporá ás comunidades autónomas "a posibilidade da apertura" do Plan de Abandono, que sería a primeira fase do Plan de Reestruturación. Con todo, considerou que ata que a UE fixe a cota para o vindeiro ano "non sería sensato" continuar co Plan.

Neste senso, a titular estatal de Agricultura declarou que existe un primeiro documento, no que a UE prevé un incremento de cota do 2%, pero que aínda non é o definitivo.

Incorporar o I+D á pesca
Durante a presentación do Libro Branco da Pesca, Espinosa destacou a necesidade de incorporar as novas tecnoloxías ao sector pesqueiro como un dos pasos necesarios para garantir a súa supervivencia. Esta necesidade queda constatada, segundo a ministra, no Libro Branco, elaborado de xeito consensuado entre administracións pesqueiras, expertos independentes, representantes do sector, sindicatos e ONGs.

Espinosa demandou novas modalidades de formación para os traballadores do mar que acheguen a oferta e a demanda á realidade do sector pesqueiro, pediu impulsar a diversificación económica e as políticas de I+D

17/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Elena Espinosa, nunha visita anterior a Vigo (AGN)
Elena Espinosa, nunha visita anterior a Vigo (AGN)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso