Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Suceso en Vigo

Un curtocircuíto causa un pequeno lume na depuradora do Lagares


Etiquetas: Lagares, Vigo, sucesos

AGN.

Un incendio nas instalacións da depuradora do río Lagares e un apagamento alarmaron esta madrugada aos veciños do barrio do Coruxo, en Vigo. Unha explosión nunha caixa eléctrica nas instalacións da depuradora do río Lagares provocou un apagamento de luz no barrio e un incendio do exterior da depuradora.

O delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, descartou que se tratase dun artefacto explosivo e sinalou, pola contra, que o estourido tivo "unha orixe técnica", na arqueta de Unión Fenosa colocada na depuradora.

Os Tedax da Policía Nacional examinaron a arqueta que estoupara para coñecer con máis exactitude as causas. Nun primeiro momento, os técnicos de desactivación de explosivos atribuíron o incendio a un artefacto explosivo de escasa potencia "posiblemente un petardo de feira".

Finalmente esta hipótese quedou descartada, pese a que os veciños da zona aseguran que minutos antes das dúas da madrugada viron como un individuo manipulaba o cableado da caixa eléctrica. Foron os veciños da parroquia do Coruxo, quen ao oír o estourido e comezar o incendio, pasadas as dúas da madrugada, alertaron á Policía e tamén aos habitantes do lugar pechados no concello en protesta polo mal funcionamento da depuradora do Lagares.

Protestas contra a depuradora
O peche dos veciños na casa consistorial rematou ás 11 da mañá, tras 24 horas de encerro na casa consistorial. Os veciños dan por cumpridos os obxectivos da súa protesta, pese a que finalmente non puideron reunirse co alcalde, Abel Caballero, como pretendían, para exporlle as súas demandas.

No día de onte, os pechados impediron ao rexedor ofrecer a rolda de prensa prevista na Sala de Xuntas do Concello e en represalia, o alcalde prohibiu que as persoas encerradas recibisen comida e bebida do exterior. Tralo remate do encerro, os veciños celebraron unha concentración diante da casa consistorial, onde se reuniron con outras persoas que lle manifestaron o apoio ás súas protestas.

17/11/2007

4'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Estación depuradora de augas residuais do río Lagares
Estación depuradora de augas residuais do río Lagares

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso