Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Enquisa de consumo nos fogares

Os que máis gastamos no súper, os que menos no lecer


Etiquetas: consumo, familia

Jacobo Rey. AGN.

Os fogares galegos dedican un 15,6% do seu orzamento familiar ao gasto en alimentación e bebidas non alcohólicas, unha porcentaxe que os sitúa á cabeza de España neste capítulo. Pola contra, as familias galegas son das que menos gastan en lecer e hostalería.

Tal como reflicte a Enquisa de Orzamentos Familiares 2006 que elabora o Instituto Nacional de Estatística, cada galego gasta de media 10.083 euros anuais en produtos de consumo. Desta cifra, a vivenda e os gastos que esta ocasiona -como electricidade, auga ou gas- representan a maior porcentaxe, xa que supoñen o 24,2% do orzamento familiar.

Así, cada fogar en Galicia destina de media 10.083 euros ao ano -569 euros mensuais- na vivenda, mentres que o resto do gasto repártese entre a alimentación (4.396 euros), o transporte (4.367), outros bens e servizos diversos (2.311), o gasto en hostalería (2.283), e os artigos de vestir e o calzado, aos que se destina un consumo anual por fogar de 2.244 euros.

Xunto isto, o resto do orzamento familiar das familias galegas vai parar ao equipamento do fogar e o seu mantemento (1.759 euros), o lecer e a cultura (1.648), o gasto en saúde (814), as comunicacións (794), as bebidas alcohólicas e o tabaco (531) e o ensino, que representa un gasto anual por fogar de 226,7 euros.

Á cola en lecer e hostalería
En comparación con outras partes de España, Galicia aparece nas estatísticas do INE como a segunda comunidade con menor gasto doméstico en lecer, espectáculos e cultura, só por detrás de Castela-A Mancha (5,7%).

Así mesmo, a comunidade galega tamén é a segunda rexión onde menor porcentaxe do orzamento familiar se adica a hoteis, cafés e restaurantes, un 8,1%. Neste apartado Galicia só supera a Murcia, onde o gasto nas actividades hostaleiras representa o 8%.

Comparativa estatal
Respecto ao resto do Estado, cada galego destina a consumo doméstico case 600 euros menos ao ano, xa que esta cifra elévase a 10.632 euros no conxunto de España, fronte aos 10.083 euros de gasto en Galicia. As comunidades cos orzamentos familiares máis elevados son Madrid (12.111 euros), Cataluña (11.994) e o País Vasco, con 11.855 euros.

16/11/2007

4'2 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O encarecemento dos alimentos no último ano, podería elevar máis esta porcentaxe (AGN)
O encarecemento dos alimentos no último ano, podería elevar máis esta porcentaxe (AGN)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso