Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Investigación sobre a Fervenza

Ferroatlántica podería enfrontar sancións de ata 600.000 euros pola seca do encoro da Fervenza


Etiquetas: auga, Fervenza, Xallas, ríos, medio ambiente

AGN/Xeración.

A empresa Ferroatlántica podería enfrontar dúas multas de ata 300.000 euros cada unha e incluso perder a concesión do encoro da Fervenza, no Río Xallas, a causa da morte masiva dos peixes da presa ao quedar practicamente seca hai unha semana.

A Consellería de Medio Ambiente abriulle a Ferroatlántica dous expedientes sancionadores polo baleirado do encoro que provocou a morte de máis de mil peixes no río Xallas. Segundo as investigacións do departamento autonómico, poderíanselle impor á empresa dúas sancións, unha das cales de tipo moi grave por incumprimento da Lei de Pesca Fluvial de Galicia. A normativa vixente fixa a contía desta infracción entre 60.000 a 300.000 euros.

O outro expediente foi aberto por Augas de Galicia pola mala xestión do encoro e a realización de obras no mesmo sen dispor dos permisos pertinentes. As contías das sancións neste caso sitúanse entre os 30.000 e os 300.000 euros.

Medio Ambiente sinala ademais que, a partir da situación provocada no encoro da Fervenza, é posible retirarllle a Ferroatlántica a xestión do embalse, pese a que non cre probable que iso chegue a suceder.

"Xestión pésima"

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, calificou de "pésima" a xestión da presa, que comparou coa do resto dos embalses galegos, nos que non está a haber problemas nos ecosistemas fluviais.

Sobre o sucedido no Xallas, Vázquez sinalou que un día antes do vaciado da presa, axentes de conservación da natureza advertiron a Ferroatlántica de que debería reducir o caudal ecolóxico polo baixo nivel que presentaba a presa. Medio Ambiente acusa á empresa de non ter en conta este aviso e seguir soltando "un caudal inaxeitado".

Estes mesmos axentes constataron tamén que se estaban a facer obras sen permiso dentro do embalse, cando xa fora baleirado. Lembrou o titular de Medio Ambiente, ademais, que o permiso de explotación do embalse sinala que é obrigatorio comunicar cun mes de antelación a Aguas de Galicia que o nivel da presa baixa do 20%. Indicou que neste caso, a comunicación se produciu un día antes da morte masiva dos peixes do Xallas.

16/11/2007

4'3 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Troitas mortas no encoro da Fervenza (Foto: Adega)
Troitas mortas no encoro da Fervenza (Foto: Adega)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso