Axencias (Santiago).
O Concello de Madrid persoarase como acusación particular no xuízo contra os detidos na 'Operación Guateque'. Trátase dunha investigación emprendida a instancias do xuíz de Instrución, Santiago Torres, sobre presuntos delitos de cohecho e tráfico de influencias nos que están implicados funcionarios das concellerías de Medio Ambiente e Urbanismo.
Nesta liña, a asesoría xurídica do Concello exercitará as accións penais e civís que correspondan en defensa do consistorio, que actuará en calidade de perxudicado.
Gallardón delegará as súas competencias
De acordo coa Lei da Capitalidade e do Réxime Especial de Madrid, do ano 2006, o alcalde, Alberto Ruíz-Gallardón, ten competenza para exercer accións xudiciais por ser a máxima representación da cidade. Gallardón delegou tal competenza na Área de Coordinación Institucional.
Con esta decisión, o Concello irá ós xulgados como institución perxudicada pola presunta trama de funcionarios investigada dende antes do verán polo xuíz Torres e destapada coa devandita 'Operación Guateque'. De momento, son 17 as persoas detidas, se ben non se descartan máis rexistros e novos arrestos, xa que a investigación segue aberta.
16/11/2007