Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Negouse á proba de alcolemia

Arrestado por atacar dúas veces á Policía en Ourense


Etiquetas: Ourense, sucesos

Axencias.

J.A.P.S, varón de 51 anos de idade e veciño de Ourense, foi arrestado esta madrugada tras un accidente de tráfico por golpear en varias ocasións a axentes da Policía Local ourensá e tentar agredir ao outro condutor implicado no choque, ademais de por negarse a que realizar a proba de alcolemia.

Segundo a Policía Local, o suceso tivo lugar ás 1.02 horas, no estacionamento da Cafetería Stop, na estrada de Vigo. O detido conducía un Ford Escorpio, que chocou repetidas veces contra un camión aparcado, cando tentaba manobrar marcha atrás. O dono do camión dirixiuse a el para protestar, pero J.A.P.S. respondeulle de xeito violento e tentou atacalo, polo que decidiu chamar ao 092.

Unha dotación de motoristas desprazouse ata o lugar dos feitos e, cando trataban de comprobar os danos provocados polas colisións, o condutor do turismo dirixiuse a eles e propinoulle a un testarazo, polo que tiveron que reducilo e levalo a comisaría.

Xa nas dependencias policiais, o arrestado volveu agredir a outro axente, ao que lle deu unha patada . Así mesmo, negouse a realizar as probas de alcolemia.

16/11/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso