AGN.
Iberia recibíu hoxe unha oferta de compra liderada por Manuel Jove, o antigo propietario de Fadesa e presidente de Avante Group, Alicia Koplowitz e Juan José Hidalgo, presidente de Air Europa.O proxecto está encabezado por Gala Capital, a sociedade que emprega o multimillonario George Soros para investir en España. E a el súmanse as sinaturas de Koplowitz (Omega Capital) e Jove (Inver-avante), xunto a varias caixas rexionais lideradas por BBK.
A sociedade que pretende adquirir a totalidade da firma aérea pediu información fiscal, operativa, legal e contable da compañía que preside Fernando Conte. A oferta, comunicada a través da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) fala dun prezo indicativo de 3,60 e 3,90 euros por acción. Iso significaría un prezo final de entre 3.430 e 3.715 millóns de euros.
Non dan un prezo definitivo
Os empresarios lembran que "a indicación de prezo non constitúe unha oferta nin implica que o consorcio adopte xa a decisión definitiva de formular a oferta". O consorcio no que está Manuel Jove calcula, no escrito enviado á CNMV, que o proceso de análise e valoración "podería realizarse nun prazo aproximado de catro semanas".
Gala Capital, segundo os medios especializados, leva operando no mercado español pouco máis de dous anos. Entre os seus principais investidores figuran: Alicia Koplowitz, a través da súa sociedade Omega; a familia Del Pino, propietaria do grupo constructor Ferrovial; Manuel Jove, presidente de Fadesa, así como o fondo Fonditel, que pertence a Telefónica.
Os títulos de de Iberia foron suspendidos esta mañá nos 3,63 euros. Crecían por encima do catro por cento.
15/11/2007