Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Ó remate da lexislatura

O presidente do Congreso, Manuel Marín, despídese da política


Etiquetas: PSOE, Goberno, Congreso

Axencias (Santiago).

Satisfeito por ter sido un presidente independente nunha lexislatura difícil. Así marcha da vida política o presidende do Congreso dos Deputados, Manuel Marín. O histórico socialista anunciou a súa retirada nunha rolda de prensa pronunciada dende Ciudad Real, a provincia na que noutrora fora escollido.

Así as cousas, canda o remate da lexislatura concluirá o seu paso pola política activa. Segundo indicou, a partir de entón vai empregar o seu tempo na loita contra o cambio climático no ámbito universitario, e a defender a necesidade de construír un modelo de desenvolvemento sostible e renovable.

Trala súa experiencia á fronte do Congreso dos Deputados, Manuel Marín encarará agora este novo reto. Recoñeceu que o cambio climático é un asunto que lle preocupa dende hai tempo. E engadiu que tivo "a sorte" de pasar un día con Al Gore durante a entrega do Premio Príncipe de Asturias ó ex vicepresidente dos Estados Unidos, encontro que alimentou as súas preocupacións.

O posto, nas mans do partido

Con esta noticia, adiantada ó PSOE e feita pública este mediodía, Marín deixa clara a súa intención de non repetir como deputado por Ciudad Real de cara ás vindeiras eleccións, como lle ofrecera o presidente de Castilla la Mancha, José María Barreda. E coloca o seu cargo á disposición do PSOE, dentro dun proceso de listas que comeza o vindeiro sábado.

O presidente do Congreso marcha sen cumplir a súa promesa de remodelar a Cámara, pola falta dun consenso entre populares e socialistas. Pero si que acometeu reformas tecnolóxicas, coma a modernización da loxística parlamentaria e a posta á disposición dos deputados de novos postos informáticos.

Marín non compite
Hai uns meses comezou a barallarse o nome de José Bono como posible candidato socialista á presidencia das Cortes, no caso dunha victoria do partido. Daquela, Marín anunciara xa que non estaba disposto a competir por ningún posto unha vez pechada a lexislatura.

"Estou aquí para que me queiran, e non para pelexar nin competir", asegurou nunha rolda de prensa concedida o pasado xullo. E completou a súa sentenza asegurando que xa non atravesa esa situación persoal e que cunha lexislatura na Presidencia do Congreso xa tivera "bastante".

15/11/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso