Xeración.
A asociación SOS Courel denuncia que a nova Lei da Ordenacíon da Minaría en Galicia, que será debatida nas vindeiras semanas no Parlamento Galego, permite implantar actividades extractivas en dentro dos solos rústicos especialmente protexidos e, polo tanto, permite que siga adiante a contrición de 54 canteiras no Courel en zonas delimitadas como espazos naturais.
A Lei do Solo establece que os espazos naturais, paixasísticos, patrimoniais ou calquera outro solo rústico especialmente protexido está a salvo da implantación de actividades económicas ou extractivas mentres "non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial". Agora, no artigo 11 do proxecto de Lei da Minaría descríbese a elaboración do Plan Sectorial da Minaría de Galicia, que a partir da súa aprobación só esixirá unha avaliación ambiental para instalar unha explotación mineira en zonas protexidas.
As avaliacións, "literatura de sostibilidade"
É o mesmo método que se emprega para parques eólicos e granxas acuícolas, xustificados moitas veces por estudos de impacto ambiental que, segundo Amigos do Courel, so son "literatura da sostibilidade" e non teñen un verdadeiro criterio ecolóxico.
Ademais, o proxecto de lei establece, no seu artigo 39.4, que a declaración ambiental substituirá tamén ao protocolo Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, que ten por obxectivo evitar que as instalacións industriais ou extractivas causen incomodidades nas poboacións ou alteren as condicións normais de salubridade e hixiene do medio ambiente.
Animan a mandar queixas ao Parlamento
Por iso, Amigos do Courel anima aos seus asociados e simpatizantes a remitir un escrito de protesta ao Parlamento de Galicia, esixindo que se incorpore a Lei da Minaría a prohibición explícita de instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e noutros espazos de protección especial, tal e como require a normativa europea.
15/11/2007