AGN/Xeración.
O Cesga cólase entre os cen centros de supercomputación más rápidos do mundo, grazas á incorporación no novo supercomputador Finis Terrae, co que o centro galego pasará a ter unha velocidade de computación superior a 20 billóns de operaciones matemáticas por segundo (20 Tflops).
En concreto, o Cesga aparece situado no posto número 100 da lista Top500, elaborada por expertos das Universidades de Mannheim (Alemania), Tennessee (Estados Unidos) e do Lawrence Berkeley National Laboratory, tamén nos Estados Unidos. Das oito veces que o Cesga se colou no Top500 -lista se comezou a elaborar en 1993-, esta é a súa mellor posición.
Segundo informa o Centro galego de Supercomputación, esta listaxe "elabórase en base a un único parámetro, a velocidade de procesado, sen ter en conta outros como memoria dispoñible e velocidade de acceso á mesma, latencia das redes de interconexión entre nodos de proceso etc". Con todo, o Top500 "é o único ranking en supercomputación existente, e amplamente utilizado pola comunidade científica e os fabricantes".
Terceiro de España
O Finis Terrae será o terceiro supercomputador más rápido de España, tras o Mare Nostrum, situado no Barcelona Supercomputing Centre-Centro Nacional de Supercomputación; e o CeSViMa, Centro de Supercomputación e Visualización de Madrid. O Cesga sitúase no ademais posto 29 do ránking europeo.
En conxunto, España é o quinto país europeo en potencia de computación, por detrás de Reino Unido, Alemaña, Francia e Suecia. Segundo o Top500, conta co 1,94% da potencia de cálculo dos 500 maiores sistemas instalados en todo o mundo.
Finisterrae
A chegada do Finisterrae ao Cesga anunciousen en marzo de 2006 como unha das das apostas máis fortes da comunidade: dotar a Galicia dun dos supercomputadores máis potentes do mundo. Así naceu o Finisterrae, anunciado en marzo do 2006.
Trátase dun computador “cunha capacidade de cálculo equivalente á de trinta mil ordenadores convencionais” asegura Javier García Tobío, director xerente do Cesga. Pero a súa singularidade reside na gran capacidade de memoria. O Finisterrae será o único ordenador operativo en territorio español “capaz de recibir un problema moi grande e resolvelo sen dividilo”. O deseño do supercomputador rematou hai uns oito meses e logo dun período de probas, agárdase que comece a funcionar no primeiro trimestre do 2008.
15/11/2007