E.P.L..
Gaspar Llamazares repetirá como candidato de Izquierda Unida á presidencia do Goberno nas póximas eleccións xerais de marzo. O actual coordinador xeral de IU foi o gañador nas primarias do partido, ao impoñerse co 63% dos votos da líder comunista valenciana, Marga Sanz.
Llamazares obtivo o respaldo de 13.626 militantes do partido, fronte aos 8.169 de Sanz, polo que encabezará as listas de IU nas eleccións xerais. Houbo tamén 121 votos en branco.
Os membros da comisión electoral, Joan Josep Nuet e Manuel Cámara pola Dirección Federal, e un representante de cada candidatura, fixeron públicos os resultados oficiais en rolda de prensa. Dáse así carpetazo á primeira consulta interna da historia de Izquierda Unida. A ela estaban convocados por correo postal 58.423 afiliados, dos cales 21.909 (un 38 por cento) exerceron o seu dereito a voto.
Cómpre sumar a esta cifra outros 4.300 votos devoltos por Correos e outros 85 votos nulos, o cal dá unha porcentaxe de participación real de cerca do 50%. A candidatura de Llamazares será ratificada no Consello Político Federal que se celebrará o 24 de novembro ou o 1 de decembro. Por federacións, a máis numerosa en numero de votantes foi Andalucía (6.159), seguida de Madrid (3.874) e Asturias (2.334). De Galicia, só se recibiron 380 sufraxios.
14/11/2007