Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Deportivo

Valerón volve dar pases


Etiquetas: fútbol, deportivo

LV.

No medio da tristura pola derrota ante o Racing, o Deportivo e o deportivismo volveu sorrir. Juan Carlos Valerón participou onte na pachanga do adestramento por primeira vez desde a operación de xeonllo á que foi sometido o pasado mes de marzo.

O xogador canario compartiu o partidiño cos futbolistas que non xogaron de inicio no encontro co Racing, e utilizou o peto amarelo, o que viste o futbolista comodín que sempre xoga co equipo que ten o balón no seu poder e que desta vez serviu tamén para protexer o mediapunta canario.

Para evitar sustos, o corpo técnico do Deportivo tomou precaucións e Valerón gozou de inmunidade co balón nos seus pés porque ningún contrario podía facerlle entradas que supuxesen algún risco para o danado xeonllo do internacional español. “Ata o de agora non fixera nada con intensidade e necesito ir vendo as sensacións, aínda que é cedo aínda”, comentou o centrocampista de Arguineguín logo do adestramento.

Estará plenamente recuperado en xaneiro
“Estou contento, pero ía un pouco a cámara lenta”, engadiu a estrela branquiazul, que no verán marcou como obxectivo poder estar a disposición de Lotina a partir de xaneiro do próximo ano, aínda que agora non quere fixar prazos. Se o xeonllo do mediapunta responde, comezará a terceira e definitiva fase da súa recuperación para acabar co inferno que iniciou
o 22 de xaneiro de 2006, cando rompeu o ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo ante o Mallorca. Na pretemporada, tras recuperarse, volveu caer mancado e volveu pasar polo quirófano.

Tras outra reaparición, en marzo visitou o quirófano por terceira vez en pouco máis dun ano. Agora, as súas sensacións determinarán se volve ou non competir. O deportivismo espérao cos brazos abertos.

13/11/2007

4'6 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Juan Carlos Valerón
Juan Carlos Valerón

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso