Datos de interés

  • Xoves 24.07.2008

Á luz do sol

Preguntas


Etiquetas: competencias, dereitos, consumo, Prestige, Rosa Aneiros

Rosa Aneiros.

Ás veces, a luz do sol só deita preguntas. Seica case medio cento de avións, na súa maioría militares, cruzaron o espazo aéreo español en dirección ou de volta da base estadounidense de Guantánamo en Cuba: ¿U-la información no Congreso dos Deputados? O rei increpa a Chávez e ficamos enlamados nas formas: ¿Cal e o papel político do estado e, sobre todo, das empresas españolas en América do sur? ¿É este espectáculo teatral a escenificación dun problema máis grave de reminiscencias coloniais?

Un rapaz morre nun enfrontamento entre colectivos antifascistas e membros do partido Democracia Nacional que se ían concentrar en Madrid baixo o lema Contra el racismo antiespañol, contra la inmigración: ¿Por que a Delegación do Goberno autoriza manifestacións de partidos de ultradereita? Sucédense as agresións en centros escolares e a súa posterior gravación e difusión na rede. As televisións pagan aos nenos por emitir as imaxes vexatorias unha e outra vez en horarios de máxima audiencia: ¿ninguén vai penalizar ás televisións e ninguén vai denunciar a carencia de educación ética non só nas escolas senón tamén nas familias?

A cesta da compra non para de se disparar. As hipotecas non descenden e o endebedamento familiar acada cotas preocupantes: ¿os consumidores continuaremos indefensos ante as subas terribles en produtos básicos de consumo?

Cinco anos van aló da traxedia do Prestige e os máximos titulares aos que podemos aspirar son “temos máis medios”. ¿Non oíron aínda a voz cidadá que esixe máis competencias e un afastamento do corredor atlántico que evite que se repita unha nova catástrofe ecolóxica nas nosas costas? Ás veces, a luz do sol prefire non darnos respostas.

13/11/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso