Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Estado de excepción en Paquistán

As autoridades paquistanís ordenan o arresto de Bhutto e prohiben a súa manifestación


Etiquetas: Paquistán, Bhutto, Musharraf

Xeración.

As autoridades paquistanís ordenaron o arresto domiciliario da líder da oposición, Benazir Bhutto, para impedirlle participar na 'larga marcha' contra o estado de excepción, convocada para mañá e que tiña previsto liderar.

O arresto da ex-primeira ministra de Paquistán está previsto en principio para sete días. Horas antes de dictar a orde de reter a Bhutto no seu domincilio, as autoridades do país prohibiran a protesta convocada para mañá en Lahore. Ademais da protesta contra o estado de excepción e o goberno de Musharraf, a manifestación ía supoñer o 'pistoletazo' de saída á campaña do Partido Popular do Paquistán (PPP), liderado por Bhutto, de cara ás lexislativas.

''Motivos de seguridade''
A detención da líder da oposición obedece, segundo o goberno do país a "motivos de seguridade", causados polo temor a que se produza un atentado durante a manifestación. Esta mesma razón foi a esgrimida a pasada semana para reter a Bhutto no seu domicilio e impedirlle asistir a outra manifestación en Islamabad.

Pese a que daquela Bhutto tentou romper en dúas ocasións, non o conseguiu e a protesta, que tivo lugar sen ela, foi violentamente reprimida pola policía. Nada máis levantarse a orde de arresto, a líder do PPP asistiu a outra manifestación, esta vez de xornalistas.

Islamabad escúdase na situación convulsa que vive o país e argumenta que, nestas circunstancias, podería repetirse un atentado dirixido contra a líder da oposición, como o que o pasado 18 de outubro matou a 139 persoas, e do que Bhutto saiu ilesa.

Bhutto contra o estado de excepción
O estado de excepción continúa activado en Paquistán, dende que hai máis dunha semana Musharraf anunciase esta medida xustificándoa na "insurrección islámica e a interferencia coa Xustiza". Pese a que o presidente paquistaní deu un paso atrás ante as protestas e decidiu convocar eleccións, tanto presidenciais como lexislativas, tentando apagar as críticas, estas non cesaron.

Musharraf enfróntase a numerosas voces acusadoras que consideran que o estado de excepción obedece a un movemento para perpetuarse no poder. Ademais, a situación actual deixa tamén nun limbo o acordo acadado entre Musharraf e Bhutto, pola cal o presidente aceptou anular os cargos de corrupción que pesaban sobre a primeira ministra. Así, ela podería regresar ao país e concorrer aos comicios como líder da oposción tras 18 anos no exilio.

Tralo 'autogolpe' de Musharraf, o que parecían relacións cordiais con Bhutto tornáronse de novo conflitivas, e a ex-primeira ministra está a desafiar o estado de excepción, situándose á bandeira das protestas.

12/11/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Benazir Buttho, ex primeira ministra (Foto: Wikimedia Commons)
Benazir Buttho, ex primeira ministra (Foto: Wikimedia Commons)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso