Datos de interés

  • Domingo 07.09.2008

Posible delito medioambiental

Ferroatlántica terá que dar explicacións pola seca do embalse da Fervenza


Etiquetas: medio ambiente, ríos, auga, seca, Ferroatlántica

Xeración /Axencias.

O embalse da Fervenza, o meirande da provincia da Coruña, recuperou apenas dous metros de auga nun día, logo de vaciarse por completo. A seca do embalse causou a morte de milleiros de peixes, case todos troitas e escalos. Medio Ambiente abrirá unha investigación á empresa Ferroatlántica, xestora do embalse, para determinar o sucedido.

O panorama era dantesco: peixes mortos ou agonizantes pola falta de osíxeno enchían o solo do embalse, medio sumerxidos nalgo que era máis lodo que auga. Foi o que se atoparon os técnicos de Medio Ambiente ao chegar o sábado ata o embalse da Fervenza. Augas de Galicia ordenou pechar as comportas para que subise o caudal de auga.

Segundo informou Medio Ambiente, ao subir un pouco o nivel de auga, as troitas que aínda quedaban vivas "conseguiron sair río abaixo, o mesmo que as que estaban no río morrendo porque só recibían lama da presa".

Ferroatlántica terá que dar explicacións
A seca dos últimos meses leva a culpa do descenso do nivel de auga no embalse da Fervenza. Con todo, dende Medio Ambiente puntualizan que "unha cousa é que baixe o nivel e outra que seque". Apuntan a un posible "fallo no sistema de explotación", argumentando que "se ao cerrar as comportas o nivel de auga sobe dous metros, o embalse non secou porque non chegase auga, senón porque se soltou demasiada".

O conselleiro de Medio Ambiente, que visitou a zona, manifestou que, como xestora da presa, "Ferroatlántica terá que explicar cal é a situación e por qué decidiu abrir a auga" ata que o embalse quedou practicamente baleiro. A Consellería abrirá unha investigación á empresa, para esclarecer se tivo responsabilidades nun hipotético delito medioambiental no Xallas.

A máis grande, a primeira en secar
A presa da Fervenza embalsa o río Xallas entre os concellos de Dumbría, Zas e Mazaricos. Trátase da meirande extensión de auga doce da provincia da Coruña, 104 millóns de metros cúbicos cando o embalse está a plena capacidade.

Por qué a meirande presa da provincia é a primeira en secar é algo que terá pois que explicar Ferroatlántica. Pese a que dende Medio Ambiente non avanzan hipóteses, a sombra da neglixencia planea sobre a empresa. Técnicos da Consellería traballan na zona para rescatar o meirande número de peixes posibles, ao tempo que recollen os mortos. Polo de agora non se avanzou un número, pero fálase de milleiros de troitas mortas precisamente durante a época de desove.

11/11/2007

4'8 (10 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Encoro da Fervenza, visto dende o Google Earth
Encoro da Fervenza, visto dende o Google Earth

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso