Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Non chegou a estoupar

Desactivados dous artefactos explosivos na localidade biscaína de Getxo


Etiquetas: terrorismo, País Vasco, ETA

Xeración /Axencias.

Un artefacto explosivo colocado xunto aos Xulgados da localidade biscaína de Getxo foi desactivado pola Ertzaintza na mañá do domingo. Segundo confirmou o departamento vasco de Interior, o artefacto contiña cinco quilos de cloratita. Durante a tarde, as forzas de seguridade desactivaron un segundo explosivo con outros tres quilos de cloratita.

Un aviso anónimo deu a alerta pasadas as seis da mañá da colocación de explosivos xunto aos Xulgados de Getxo. Unha chamada telefónica a SOS Deiak, feita en nome de ETA, avisaba do lugar onde estaba colocado o artefacto que, segundo afirmou, faría explosión en media hora.

Efectivos da Policía Autónoma Vasca acordonaron a zona e localizaron unha mochila colocada xunto ao edificio dos Xulgados de Getxo. Na bolsa atopábase unha pota que, ademais dos cinco quilos de cloratita contiña un temporizador e un cordón detonante. A Unidade de Desactivación de Explosivos da Ertzaintza desactivou o artefacto antes de que estoupara.

Durante a tarde foi localizado un segundo explosivo, da mesma composición e menor tamaño, que tamén foi desactivado polos técnicos da Ertzaintza.

11/11/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso