Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Fútbol

O Racing segue sen atopar a vitoria na Malata (0-2)


Etiquetas: fútbol, Racing de Ferrol

Xeración.

Continúa a maldición do Racing na Malata. Os ferroláns volven fallar na casa e escápanlle outros tres puntos ante o Nástic. Con dous tantos na segunda metade, o equipo tarraconense sentenciou o encontro en Ferrol.

O equipo de Juan Veiga leva sen gañar na casa dende o 9 de setembro, e o partido de hoxe non se presentaba sinxelo. O Gimnástic de Tarragona, o terceiro recén descendido ao que se enfrontan os ferroláns, prometía non poñerlle as cousas fáciles.

A sentenza, na segunda parte
O Racing desaproveitou varias ocasións na primeira parte que terían sido claves para conseguir un final ben distinto. Trala volta do descanso, o Nástic non perdoou. Un disparo de Arpón sorprendeu ao gardameta local aos dez minutos de iniciarse a segunda parte.

Os cataláns non se conformaron co 0-1 e acometeron duramente a defensa ferrolá. Seis minutos despois do primeiro gol, Miku sentenciaba o partido cun segundo tanto nun man a man con Queco Piña. Os tres puntos marchan para Tarragona e a maldición segue na Malata.

Tras un comezo de temporada inmellorable, o Ferrol perde aire. Con esta derrota, o Racing sitúase provisionalmente no posto 12 da táboa, a dez puntos do líder -o Numancia cun partido menos-.

10/11/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso