Datos de interés

  • Xoves 18.03.2010

A sombra de Aznar

Bronca entre o Rei e Chávez no peche do Cumio Iberoamericano


Etiquetas: Aznar, Zapatero, Hugo Chávez

Xeración/EPL.

Remata o Cumio Iberoamericano e non exento de polémicas. O último incidente protagonizárono as delegacións española e venezolana, cun intercambio dialéctico a tres bandas entre o rei, Zapatero e Hugo Chávez.

O presidente venezolano foi xeneroso durante os dous días que durou o Cumio en dispensar críticas ao ex-presidente español, José María Aznar. Chávez tildouno en varias ocasións de "fascista", a última delas no seu discurso na derradeira sesión plenaria do cumio. O presidente venezolano pechou a súa intervención cunha alusión a Aznar na que declaraba que "unha serpe ou un tigre son máis humanos que un fascista ou un racista".

No seu turno de intervención, o xefe do Goberno español, Rodríguez Zapatero, respondeu a Chávez pedíndolle respecto para o ex-presidente Aznar. "Pódese estar nas antípodas dunha posición ideolóxica, e non vou ser eu quen estea preto das ideas de Aznar, pero foi elixido polos españois e esixo ese respecto".

O presidente venezolano continuou a falar durante a intervención de Zapatero, reivindicando o dereito a expresar as súas opinións, ao que o rei de España respondeu cun sonoro e cabreado "Por qué non calas?".

Na súa seguinte intervención, o presidente venezolano limitouse a responderlle a Zapatero "con todo o meu afecto, coa verdade nin ofendo nin temo". Chávez engadiu que o seu Goberno "se reserva o dereito a responder a calquera agresión en calquera lugar, en calquera espacio e en calquera tono".

O rei marcha
Tralo desencontro dialéctico, e logo dunha intervención do presidente de Nicaragua, Daniel Ortega, criticando ás empresas españolas radicadas en sudamérica, o xefe de Estado español abandonou a sala do pleno. Parece ser que o monarca quixo amosar deste xeito "o desagrado da delegación española" ante as críticas verquidas no Cumio. Tras uns minutos, o ofendido rei volveu entrar na sala para a clausura do acto, a petición da anfitriona, a presidenta chilena, Michelle Bachelet.

Á saída da sala, Zapatero volveu reafirmar as palabras que lle dirixira a Chávez e manifestou que "espero que sexa a última vez, porque o diálogo democrático hai que construílo sobre o respecto". O xefe do Goberno español reiterou as súas críticas á actitude do presidente venezolano e sinalou que é "inapropiado e non aceptable" facer ese tipo de descalificacións nun foro destas características.

10/11/2007

4'5 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O presidente venezolano Hugo Chávez (Foto: Goberno de Venezuela)
O presidente venezolano Hugo Chávez (Foto: Goberno de Venezuela)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso