E.P.L. (Lugo).
O Breogán conseguiu a súa segunda vitoria fora de Lugo nesta tempada, ó impoñerse en Burgos por 86 – 75, nun partido máis disputado do que pode facer pensar o marcador.
Os burgaleses, a priori un equipo asequible (colocado na antepenúltima praza) puxéronllo difícil ós lucenses que non decidiron o partido ata o último cuarto. Foi fundamental o labor colectivo do Breogán, con varios xogadores que pasaron dos 10 puntos fronte aos dous do Ford Burgos. Jeffers, con vinte puntos, foi o máximo anotador lucense.
Os marcadores ó final de cada cuarto foron: 20-23, 47-48, 64-67; 75-86
10/11/2007