Datos de interés

  • Venres 25.07.2008

Contra o botellón

Os menores de 18 terán prohibido beber alcol


Etiquetas: mocidade, saúde, alcol

Xeración /AGN (Santiago).

A Consellería de Sanidade, co apoio dos alcaldes das sete cidades galegas, quere aprobar antes de que acabe o ano a Lei Integral de Prevención, Asistencia e Inserción en Materia de Drogodependencia e outras Conductas Adictivas, que prohibirá que os menores de 18 consuman calquera clase de bebida alcólica. Na actualidade, os mozos de entre 16 e 18 anos poden consumir bebidas de ata 18 graos (viño ou cervexa, por exemplo).

Trátase dunha actualización da Lei de Drogas que comparte algúns puntos con aquela lei do botellón que aprobara o goberno de Aznar en 2002, pretende  afastar aos menores do consumo de sustancias que alteren o comportamento e proporcionar unha base para que os concellos poidan deseñar as súas propias normativas para previr os botellóns.

Así a todo, sacar aos mozos da rúa non é unha cuestión que entra dentro das competencias sobre ruído, orde pública e control sanitario dos alcaldes”, segundo explicou a Consellería de Sanidade, María José Rubio.

Bugallo reclama que tamén se prohiba a venda de alcol nos 24 horas
A lei foille presentada onte aos alcaldes, que saíron satisfeitos do encontro aínda que amosaron as súas dúbidas sobre se as ordenazas municipais poderían adecuarse ben ao texto que ultima a Xunta. Con posterioridade, o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, pediulle a Sanidade que "non se bote atrás" e restrixa tamén a venda de alcol nas tendas de 24 horas, algo que exisiría implicar tamén á Consellería de Industria, que ten as competencias sobre lexislación comercial.

Os máximos representantes das sete grandes cidades de Galicia xa se reuniran o pasado 17 de outubro en Santiago para consencuar unha estratexia conxunta contra o botellón. Como acompañamiento á nova lei, comprométense a incrementarán a vixilancia policial para frear o ruído e as accións incívicas, pero se opoñen á posta en marcha de 'botellódromos' nos arredores de cada municipio.

Continuas protestas veciñais
Os alcaldes víronse empuxados a tomar medidas, entre outras cousas, polas continuas protestas das asociacións vecinales, que tampouco consideran adecuada a creación de zonas específicas para que os mozos poidan beber en paz. Para rematar, outro dos aspectos que preocupa aos Concellos é o da protección dos seus cascos antigos, polo que acordaron tamén incrementar as sancións contra os que non respecten o patrimonio.

A normativa lle será presentada nas vindeiras semanas ás asociacións de consumidores, veciñais e xuvenís máis representativas de Galicia. Ademais, ata final de ano, os alcaldes e o Goberno autonómico celebrarán novas reunións para dotar a esta lei do maior consenso posible.

09/11/2007

4'8 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Botellón na alameda de Compostela (Foto: Otto. AGN)
Botellón na alameda de Compostela (Foto: Otto. AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso