Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Entrevista

Verónica Boquete: "Un equipo de fútbol feminino custa menos que o soldo dun xogador calquera"


Etiquetas: fútbol

Miguel Pardo.LV.

Verónica Boquete (Compostela, 9-4-1987) é unha estrela do fútbol feminino. Algo así como a Messi do Prainsa Zaragoza, equipo da Superliga feminina ao que chegou procedente do Xuventú de Aguiño de Ribeira.

Internacional e consolidada, viuse obrigada a emigrar -“como os meus avós”, dipara triunfar nun deporte que recupera pulo grazas ao debut no Nadal da selección galega feminina, da que formará parte, e logo “de varios anos de atraso”.

P: ¿Como recibiu a noticia da creación da selección galega?

R Algo escoitara xa. A confirmación foi unha ledicia para todas as galegas que xogamos aquí. Estaremos encantadas de representar a Galicia sempre que nos chamen.

P: Xa era hora...

R: Si, tocáballe xa. Ao fútbol feminino en Galicia faltáballe dar un paso e a creación da selección é unha boa iniciativa. Agora depende de nós responder.

P: ¿Tan esquecido estaba o fútbol feminino en Galicia?

R: Si estaba esquecido. A xente sempre foi moi reticente a apostar por este deporte. Levamos varios anos de atraso pero parece que recuperamos o tempo perdido.

Falta un paso máis a nivel de clubes
P
: ¿Por que ese atraso?

R: Non che sei dicir. A verdade é que sempre se apostou máis polo fútbol sala. No entanto, no fútbol grande, non hai equipos galegos na Superliga, aínda que seis xogadoras xogamos nela. Por sorte, empeza a haber clubs en categoría nacional. Falta dar un paso máis a nivel de clubs; a pena é que se foi perdendo moita xente.

P: Seis xogadoras na Superliga, outras moitas en liga nacional... Cataluña vaino ter difícil.

R: A ver. Cataluña é un referente no fútbol feminino e o Espanyol foi sempre un dos mellores equipos do país, así que será difícil, pero loitaremos moito.

P: ¿Que supón xogar nun estadio como Balaídos con Galicia?

R: Xogar e representar a Galicia ten un significado especial, maior que noutras comunidades. Será moi emocionante, non teño dúbida.

P: O Karbo Deportivo gañou cinco Ligas de fútbol feminino nos oitenta, pero desapareceu, ¿por que non apostan os clubs galegos por equipos para mulleres?

R: É algo que non se entende porque o presuposto que precisarían sería menos que o que cobra un xogador calquera. Fálase de igualdade desde a base, pero son eles os que teñen os cartos e as instalacións para predicar co exemplo e apostar por nós. Con que poñan algo da súa parte, xa estaría. Precisamos apoio dos clubs, pero tamén da prensa e da sociedade en xeral.

As mulleres non poden vivir do fútbol
P:
De comparar soldos de homes e mulleres no fútbol nin falamos...

R: É que nós non podemos vivir disto. Vivimos agora, pero non podemos pensar que isto nos vai arranxar a vida. É como un traballo temporal e eu xa estou estudando para ter un futuro.

P: ¿Volvería a Galicia se algún equipo apostase forte e en serio polo fútbol feminino?

R: Eu volvería, por suposto. Nós fixemos como os nosos avós, tivemos que marchar porque alí non había oportunidades, pero se houbera un equipo na casa, volvería sen pensalo.

09/11/2007

4'8 (10 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Veronica Boquete, de branco, nun partido co Prainsa Zaragoza (Foto: Diario Equipo)
Veronica Boquete, de branco, nun partido co Prainsa Zaragoza (Foto: Diario Equipo)

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso