Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Fórmula 1

Intrigas na F1, parte II: A FIA investiga a Renault por espiar a McLaren


Etiquetas: Fórmula 1

Xeración.

Chega o segundo capítulo da serie de intrigas e espionaxe na Fórmula 1. Hai menos de dous meses McLaren saía dos tribunais cunha multa millonaria e o mundial de construtores perdido por espiar ao seu principal competidor, Ferrari. Agora tócalle a Renault ser o malo da película e á propia McLaren ser a vítima.

O equipo ING Renault F1 Team foi convocado pola Federación Internacional de Automobilismo (FIA) para declarar sobre o "acceso ilegal a información técnica de McLaren". A escudería francesa terá que dar explicacións sobre este suposto caso de espionaxe ante o Consello Mundial da FIA o vindeiro 6 de decembro.

Posesión de documentos confidenciais
Segundo a Federación, Renault é sospeitoso da "posesión non autorizada de información e documentos confidenciais" entre setembro de 2006 e outubro de 2007. As acusacións son similares ás que no seu día se lle imputaron a McLaren con respecto a Ferrari.

Segundo a FIA, entre a información á que tivo acceso a escudería de Briatore atopábase, ademais de dimensións e disposición do monopraza, "detalles do sistema de aprovisionamento de combustible, cambio de marchas, sistema de enfriado do aceite, sistema do control hidráulico e un novo compoñente na suspensión empregado polos monoprazas McLaren 2006 e 2007".

Max Mosley, máximo dirixente da FIA, avanzou que as acusacións que pesan sobre a escudería francesa apuntan a un empregado que traballou para McLaren antes de pasar a ser empregado de Renault e que tería levado con el información confidencial dos seus antigos xefes.

08/11/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

(Foto: Ferrín. AGN)
(Foto: Ferrín. AGN)

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso