Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Tres veces o gasto presupostado

Débeda de 84 millóns: as arcas do Celta tocan fondo


Etiquetas: Celta, fútbol

Xeración (Santiago).

A débeda acumulada polo Celta sitúase preto dos 84 millóns de euros, tres veces os gastos presupostados para o actual exercizo 2007/08. A cifra aparece contemplada no balance de situación do clube, que o consello de administración lle presentará ós accionistas na vindeira xunta xeral, fixada para principios de decembro.

Os socios serán os encargados de aprobar ou rexeitar os orzamentos do vindeiro exercizo, nos que se prevé un déficit de once millóns de euros. Igualmente, deles depende a autorización dunha ampliación de capital para inxectar preto de 50 millóns de euros que evitarán a quebra da Sociedade Anónima Deportiva.

A situación contable do clube presenta saldo negativo que ascende ós 36 millóns, unha vez sumados os resultados de exercizos anteriores e as perdas. Unha cifra moi afastada da mínima permitida pola propia Lei de Sociedades Anónimas Deportivas: dous terzos do capital social. O capital actual do Celta é de nove millóns.

Inxección de capital, necesaria
A ampliación de capital semella a mellor solución para que o conxunto vigués recupere o equilibrio patrimonial. Esta pode darse mediante a inxección de cartos que veñen de fóra ou mediante a conversión das débedas en accións, é dicir, os debedores teñen a posibilidade de converterense en accionistas.

No caso do Celta, todo apunta a que se producirá unha aportación de capital novo para afrontar as necesidades que a Sociedade teña nun momento determinado.

As débedas tamén cubren ó Deportivo
A 146 millóns de euros ascende a débeda recoñecida polo Deportivo da Coruña, cifra que deixou ó clube en situación de supervivencia a comezos deste ano. Ó déficit acumulado houbo que engadirlle as demandas interpostas por algúns xogadores, coma Acuña, Víctor ou Fran, que reclamaban diñeiro.

O clube estivo inhabilitado para fichar. Unha demanda do Alavés polo impago de 480.000 euros trala fichaxe de Bodipo fixo que a Liga de Fútbol Profesional lle suspendese ó clube galego os seus dereitos federativos para fichar ata que non saldase a devandita débeda.

08/11/2007

5'0 (4 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso