LV.
Dende a mañá de onte hai unha violinista encerrada nunha habitación de cristal, no medio da praza da Independencia, en Madrid, á beira da Porta de Alcalá. Durante os sete días que dure o seu peche, tocarálles todas as tardes aos viandantes unha melodía que irá compoñendo. A súa única comunicación co exterior será un portal de internet.
Esta moza é Patricia Argüelles, unha viguesa afincada en Berlín, que estudiou no conservatorio pero que ten un estilo ecléctico e alternativo. En declaracións aos medios, afirmou que o que está a facer é un experimento, para que os peóns vexan como un artista “come, dorme, ou ve películas”, e como evoluciona na composición dunha música.
Todo está á vista, agás o baño
Argüelles asegurou que non se va aburrir: “Teño os meus libros, a miña música...”. Segundo Marta Adamczyk, portavoz de Bago.es, o portal que organiza esta iniciativa, a habitación contén todo o necesario para que a violinista desenvolva as súas actividades cotiás, desde a comida e a roupa necesaria, ata cociña, microondas, cama e ordenador, e todo iso estará á vista, agás o baño.
Adamczyk indicou que a experiencia nunca se realizou antes e que intentan demostrar que non é necesario manter contacto físico con amigos porque poden comunicarse con eles a través dunha páxina de internet. Orixinal xeito de facer publicidade.
08/11/2007