Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Equipos do país

Catalunya e Camerún serán os rivais das seleccións galegas de fútbol


Etiquetas: Camerún, Catalunya, país, fútbol

Xeración.

Quedaron desvelados os que serán os rivais das seleccións galegas de fútbol -feminina e masculina- nos partidos que desputarán en Balaídos o vindeiro 27 de decembro. Confirmáronse todos os rumores no que ao combinado masculino se refire, e Camerún será o rival a bater pola selección galega no seu terceiro partido.

En canto ao combinado feminino, estrarase no seu primeiro partido enfrontándose á selección catalana. Os dous encontros serán o mesmo día e no estadio vigués de Balaídos, pese a que as horas aínda están sen confirmar.

Igualdade no deporte
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana, daban a coñecer hoxe os rivais dos combinados galegos. No acto, ambos aproveitaron para destacar que a creación da selección feminina contribúe a avanzar cara a igualdade e integración no deporte galego.

A selección feminina de fútbol únese así aos combinados xa existentes de baloncesto e balonmán.

07/11/2007

5'0 (9 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Imaxe da selección galega masculina de fútbol (Otto. AGN)
Imaxe da selección galega masculina de fútbol (Otto. AGN)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso