Datos de interés

  • Venres 21.11.2008

Paquistán

¿O principio da fin de Pervez Musharraf?


Etiquetas: Bhutto, Musharraf, terrorismo, Paquistán

A.L..

A ex primeira ministra de Paquistán, Benazir Bhutto, entrou este martes de novo no país e anunciou que o seu partido, o PPP, convocará protestas contra o estado de excepción. Reclamoulle o xeneral Pervez Musharraf que levante o bloqueo dos medios de comunicación privados e que convoque eleccións.

O mesmo día, Iftikhar Muhammad Chaudhry, o ex-presidente da Corte Suprema de Xustiza, que foi un dos primeiros arrestados durante o estado de excepción, conseguíu dalgún xeito un teléfono móbil e comunicouse con ducias de avogados en todo o país antes de que a súa liña fose cortada. A demanda de Chaudhry, que xunto a Bhutto está a personificar a oposición a Musharraf, foi que a xente "se alzase contra o goberno e restaurase a Constitución". Máis dun cento de avogados e policías foron detidos por negarse a traballar como protesta.

Este ''autogolpe de Estado'' que o xeneral Pervez Musharraf deu dende o sillón de goberno, foi probablemente o anuncio da fin do seu mandato. Foi o golpe de graza para a xa minguada popularidade do gobernante militar, que se sostiña principalmente gracias a conformidade dos EEUU e das clases liberais que temían a implantación dun rexime islamista.

En palabras do xornalista paquistaní Ahmed Rashid: "Nunca, na longa e torturada historia de leis marciais e estados de emerxencia en Paquistan houbo un xeneral tan impopular tentando manter o poder pola forza das armas".

Os expertos predín un golpe de estado contra Musharraf
Agora mesmo, a Pervez Musharraf só lle queda a forza bruta e o apoio do exército, pero non está moi claro canto tardarán os militares en darlle a espalda a un xefe tan incómodo. Ë probable que nas vindeiras semanas o país sufra outro golpe de estado, desta vez, para depor ao xeneral Musharraf.

Non sería a primeira vez. Dende a fundación do Estado de Paquistán, en 1947, os gobernadores, presidentes e xefes militares derrubaron dez gobernos civís e o país sufríu 33 anos de ditadura militar.

O enfrontamento cos islamistas, no seu peor momento
Hoxe en día o longo enfrontamento cos grupos radicais de influencia talibán, habituais nas rexións do noroeste de Paquistán (limítrofes con Afganistán) é insostible. Os atentados contra o exército e a poboación civil chegaron a extremos insostibles e, dende xullo, 420 persoas morreron nunha vintena de ataques.

Os islamistas empregan masivos reclutamentos (voluntarios ou forzosos) para soster a loita, e as forzas policiais e militares son ineficaces ao loitar contra os seus propios "irmáns musulmannes" baixo as ordes dun goberno no que non confían.

Os xuices, o seu partido e EEUU, retiranlle apoios
O poder xudicial, que ao longo da historia paquistaní lexitimou ata dez golpes de estado, tamén se conta como inimigo do xeneral e foi, de feito, o principal obxectivo de Musharraf durante estes días. O estado de excepción foi unha consecuencia directa de que o Tribunal Supremo investigase a posible ilegalidade da candidatura que o xeneral quería presentar ás vindeiras eleccións, xa que o cargo de presidente é incompatible co mando do exército. De feito, Musharraf prometera abandonar o seu poder militar xa en 2000, para que os partidos islamistas lexitimaran o seu goberno. Evidentemente, faltou á súa palabra.

Tampouco confían nel os membros do seu propio partido, a Liga Musulmá do Paquistán, fundada por el mesmo en 2001, que está a sufrir unha grande cantidade de baixas na militancia e transfuguismos. Cada vez son mais as voces criticas con Musharraf, ao que ata o de agora apoiaran a toda costa.

Mesmo os Estados Unidos, tradicionais valedores da política de Musharraf (ao que pintaban como a grande esperanza de Occidente en Paquistán), estánlle a retirar a súa confianza. Os EEUU eran partidarios dunha alianza entre o xeneral e Benazir Bhutto para frear o islamismo, pero Musharraf botouse atrás, desgustado polo baño de multitudes que recibíu a ex presidenta no seu regreso ao país.

O xeneral esta só á fronte dun rexime que xa perdeu todo verniz de democracia e que loita unha guerra co islamismo dentro das súas fronteiras. Poucas veces a metáfora "na corda frouxa" foi tan axeitada.

06/11/2007

4'3 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

O presidente de Pakistán, Pervez Musharraf
O presidente de Pakistán, Pervez Musharraf
Iftikhar Muhammad Chaudhry, ex presidente da Corte Suprema (Foto: Wikimedia)
Iftikhar Muhammad Chaudhry, ex presidente da Corte Suprema (Foto: Wikimedia)

Buscar máis información sobre






Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso