Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Pobre Mundo Rico

As empresas que controlan o 80% do PIB global só xeran o 1% do emprego


Etiquetas: cambio climático, desenvolvemento, medio ambiente, Vigo, Ferrol

AGN (Santiago).

Marcos Arruda, coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur (PACS), sinalou que os datos sobre concentración material da riqueza son aterradores, ata o punto de que as 500 empresas máis importantes do mundo controlan o 80% do produto global e xeran tan só o 1,% do emprego.

Arruda está estes días en Galicia para participar estes días no simposio 'Pobre Mundo Rico', que organiza o Club Internacional de Prensa, con dúas conferencias, hoxe en Vigo e mañá en Ferrol.

O coordinador do PACS explicou tamén que a opulencia é a forma principal da riqueza e que hai pobres debido a tanta riqueza acumulada. Ao buscarse o aumento da riqueza a curto prazo, sen socializar os custos, o que se fixo durante décadas é destruír a natureza, á vez que se fomentaba o incremento da desigualdade.

Con tres graos mais desapareceran as fragas do Brasil
Fronte a un modelo de desenvolvemento cada vez máis insostible, Marcos Arruda falou da urxente necesidade de reducir entre un 60% e un 80% os gases de efecto invernadero, "ou a terra transformarase nun brasero", manifestou. As previsións científicas indican un aumento da temperatura media da Terra de entre 4,5 e 6 graos nas vindeiras décadas, e este profesor universtario sinala que abondaría cunha suba de tres graos para que desaparecesen as florestas brasileiras.

Nas súas conferencias, o coordinador do PACS falará ademais dun obxectivo de desenvolvemento que teña como centro o propio ser humano e esbozará solucións como a imperiosa de romper o círculo vicioso que ten como eixe o mundo das corporacións privadas, centradas na apropiación dos recursos da humanidade.

Competencia a toda costa para lograr o monopolio
O fin último dos actores económicos actuais e lograr o monopolio sobre o mercado no que actúan, e para logralo loitan por adquirir influencia  no Estado e nas organizacións de globais. Dese obxectivo final derívase o actual sistema económico dominante, baseado en relacións de competencia de obreiro contra obreiro, empresa contra empresa e país contra país.

Na súa opinión, pois, a democracia é so un eufemismo que permite aos poderosos, en nome do libre mercado, dominar os petos, os corazóns e as mentes dos cidadáns, con utopías como a de que todo o mundo poderá desfrutar algún día dos niveis de consumo e benestar dos países ricos, o dogma de fe de que o mercado autorregúlase, ou a falsa consigna de que o crecemento económico pode ser ilimitado.

06/11/2007

4'4 (5 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos


Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso