AGN.
O Instituto Nacional de Consumo comezou as medicións en Galicia para o estudo antropométrico co que se busca homoxeneizar os talles das prendas de vestir femininas. Onte comezáronse a tomar as medidas dun total de 128 mulleres lucenses de entre 12 e 70 anos, elixidas aleatoriamente no censo da cidade, e que participan neste proxecto de Consumo.
O proceso de toma de medidas faise nunha cabina pechada de 2 por 2 metros de base e 3 de altura, que rexistra 130 medicións por cada 30 segundos. Desta maneira, obtéñense imaxes tridimensionais do corpo, mediante tecnoloxía de barrido láser.
A cidade de Lugo elixiuse de forma aleatoria entre todos os municipios españois para realizar esta análise. A mostra contempla a toma de medidas noutras catro localidades galegas. Trátase das de Silleda e Vigo, na provincia de Pontevedra; Cartelle, en Ourense; e Boiro, na Coruña, onde se desenvolverán as medicións ao longo de novembro y decembro.
Imaxe saludable
A realización deste estudo é froito do acordo acadado polo Ministerio de Sanidade e Consumo cos principais fabricantes do sector téxtil. Trátase, segundo o Ministerio, de facilitar ás consumidoras unha información veraz, homoxénea, e comprensible dos talles de roupa, ao tempo que promover unha imaxe saludable.
O estudo realizarase por segmentos de idade entre 12 e 70 anos e os seus resultados servirán para definir os patróns estándar a partir das medidas antropométricas. Estas medicións empregaranse para redefinir e normalizar a tallaxe e para o establecemento de medidas para a patronaxe por talles e grupos de idade.
06/11/2007