Datos de interés

  • Luns 15.03.2010

Manifestacións en Vigo

O naval en folga indefinida contra o incumprimento do convenio do metal


Etiquetas: CIG, UGT, CCOO, naval, folga

Traballadores do sector naval da provincia de Pontevedra están en folga indefinida contra o incumprimento do convenio do metal. Os sindicatos CC.OO, UGT e CIG, anuncian un recrudemento das mobilizacións se non se acada un acordo coa patronal nos dous puntos conflitivos do convenio: a porcentaxe de conversión de contratos temporais a fixos e a bolsa de contratación que regula o sector

Silvia Canabal (Santiago).

Uns 5.000 traballadores de empresas do naval da provincia de Pontevedra continúan en folga indefinida polo incumprimento do convenio do metal. Tras dous días de conversacións entre as partes, segue sen haber acordo entre patronal nos dous puntos conflitivos do convenio asinado hai un ano: a Axencia Bolsa de Emprego e a conversión de contratos eventuales a fixos. CC OO, UGT e CIG denunciaron o incumprimento da porcentaxe do 45% de empregos temporais que deberán pasar a fixos este ano.

Os representantes sindicais anunciaron hoxe nunha multitudinaria asemblea na Praza do Rei en Vigo que a partir do luns se recrudecerán as mobilizacións se non se acada un acordo coa patronal. O responsable de Metal de CC OO, Ramón Sarmiento, asegurou que "o ton do luns non será o de onte nin o de hoxe" e pediu aos delegados sindicais dos centros de traballo que "verifiquen" se se está a cumprir o convenio colectivo das súas empresas.

A actividade laboral no sector da provincia segue suspendida de modo indefinido. A folga está a ter un seguemento do 100% segundo as centrais sindicais. En Vigo, os traballadores manifestáronse durante toda a mañá, como xa fixeran no día de onte e repetíronse os cortes de tráfico e as retencións.

Valoracións
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, declarou hoxe en alusión á postura da patronal que "os convenios colectivos que se firman están para cumprirse", e expresou o seu desexo de que o confilcto se resolva canto antes.

O secretario comarcal de UGT metal, José Antonio Álvarez, cualificou  as posturas da patronal como "inasumibles" e lembrou que non se trata de negociar un convenio senón de que "que se cumpra o que xa existe". O representante da CIG, Víctor García, destacou que, coa súa actitude, a patronal "non está polo labor de subsanar uns incumprimentos demostrados" en diversas actuacións da inspección e da comisión de seguemento do convenio. Pola súa banda, o portavoz dos empresarios, Enrique Mallón, asegurou que non existen diferenzas tan grandes como para non acadar un acordo.

04/05/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

A manifestación cortou o tráfico nas rúas de Vigo (Sonia Daponte. AGN)
A manifestación cortou o tráfico nas rúas de Vigo (Sonia Daponte. AGN)
Traballadores do naval de Vigo, en folga. (Sonia Daponte. AGN)
Traballadores do naval de Vigo, en folga. (Sonia Daponte. AGN)

Buscar máis información sobre







Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso