Xeración.
O Deportivo da Coruña volve coller folgos despois de vencer a domicilio ó Real Murcia por dous goles a cero. Os coruñeses gañaron sen convencer, pero tamén sen excesivos apuros ante un equipo que dominou o xogo, pero ó que lle falta remate.
Os dous goles viñeron en contragolpes. No minuto 55 era Xisco o que abría o camiño ó internarse na zaga murciana e superar ó gardameta Notario. Puido empatar o Murcia, pero Piscu sacou o balón antes de que se colara na portería visitante.
Aí remataron as preocupacións do Dépor, que comezou a controlar o xogo. Mediada a segunda parte outra contra de Guardado colocaba o 2-0 no marcador, e acababa definitivamente coa racha de tres derrotas consecutivas dos coruñeses.
O equipo de Lotina deixa polo momento de coquetear cos postos de descenso, e colócase no decimoterceiro posto da clasificación, a espera de que unha victoria na vindeira xornada os afaste aínda máis da 'zona quente'.
04/11/2007