Datos de interés

  • Sábado 04.07.2009

Piscifactorías

Milleiros de manifestantes protestan en Corrubedo contra o Plano Acuícola


Etiquetas: acuicultura, pesca, medio ambiente

AGN.

Milleiros de persoas concentráronse hoxe en Corrubedo contra o Plano Acuícola que pretende pór en marcha a Xunta, nun acto organizado por colectivos veciñais e ecoloxistas de distintos puntos de Galicia. Consideran que o Plano é inxusto dende calquera ángulo polo que se mire: ambiental, social e económico.

A marcha, que partiu do porto de Corrubedo e rematou no faro desta vila coruñesa, congregou a 4.000 manifestantes, segundo os organizadores, aínda que a policía rebaixou a cifra ata os 2.500. No faro, o ex portavoz nacional del BNG, Xosé Manuel Beiras, o director Antón Reixa e os actores Luis Tosar e Patricia Vázquez leron o manifesto, no que se desgranan as razóns polas que estas organizacións sociais e ecoloxistas consideran que o Plano será un problema e non unha solución para as zonas afectadas.

Desfeita ambiental, social e económica

Dende o punto de vista ambiental, critican que as macrofábricas de peixe agreden directamente "unha chea de espazos naturais", moitas veces "integrantes ou lindantes con lugares protexidos pola rede Natura 2000".

Os opositores ó plano acuícola aseguran que as novas piscifactorías son un "agasallo" da Xunta ás empresas, consensuado sen ter en conta a opinión do pobo, e que suporá unha "expropiación salvaxe do litoral".

Os argumentos económicos esgrimidos por Pesca tampouco convencen. A importancia do sector queda relativizada, xa que segundo o manifesto a acuicultura en terra só representa o 1,8% da actividade do sector. Sen embargo acusan á Administración de esquecer ós traballadores da acuicultura de flote e dos parques de cultivo marisqueiro, que supoñen en total máis de 10.000 persoas.

Contra o decálogo da FAO

Unha das cuestións sinaladas polos representantes das organizacións ecoloxistas é que o proxecto que aspira a aprobar a Xunta non cumpre os requisitos do decálogo de boas prácticas que propón a FAO para a acuicultura. O organismo da ONU aboga por consultar ós cidadáns acerca dos proxectos, planificar a pequena escala, e buscar solucións ó impacto ambiental dende o ámbito local.

Resposta de Pesca

Como resposta a esta manifestación, a Consellería de Pesca asegurou que o Plan Galego de Acuicultura aposta polo "coidade e respecto" ó medio ambiente, e sinala que obrigará a todas as prantas que se poñan en marcha a cumbrir "con todos os criterios medioambientales necesarios".

O Plano saiu a exposición pública o pasado 30 de xullo de 2007, por un período de dous meses. Durante este tempo, colectivos veciñais, organizaciósn ecoloxistas, organismos oficiais e particulares puideron presentar alegacións, que finalmente superaron o millar. O documento atópase en fase de estudo e resolución destas alegacións, e dende Pesca asegúrase que algunhas serán aceptadas no texto final.

04/11/2007

4'7 (6 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Manifestación en Corrubedo
Manifestación en Corrubedo

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso